wordpress visitor

Tag Archives: verano

19
jul

Un tema candente



Este xullo está a facernos suar moito cunha vaga de calor que nalgúns lugares deixou temperaturas superiores aos 40º Celsius, como os 42º de Ourense o día 7. Ademais hai que ter en conta que a temperatura do aire non adoita coincidir coa sensación térmica real que percibimos, así que os ourensáns esa xornada sentíronse a 50º. Esta diferenza é debido a que sensación térmica está determinada pola cantidade de calor que produce o noso corpo e a que é capaz de disipar ou de perder cara á contorna. De modo que se disipamos pouco temos máis sensación de calor, e ao revés, se disipamos moito, temos frío.

A capacidade de xerar calor depende da xenética de cada un de nós, aínda que pode modificarse co exercicio, por exemplo. Á hora de disipalo son claves as condicións da contorna. Se fai vento, aumenta a velocidade do aire que nos rodea o que favorece que perdamos calor e que a nosa sensación térmica sexa máis baixa. A humidade tamén é importante, xa que dificulta a evaporación do suor, a principal forma de perder calor que temos.

Ao final a temperatura do aire que rexistran os termómetros é só indicativa, porque a sensación térmica pode ser moi diferente. Medila non é nada sinxelo, aínda que hai diferentes métodos para calculala numericamente. Un equipo do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela ven de calcular os valores máximos de sensación térmica nas cidades de Santiago, Vigo e Ourense entre o 4 e o 9 de xullo. A marca levouna Vigo con 52º Celsius o día 8.

5
jul

Exploradores de praias



Vaga de calor, praias ateigadas… Esta fin de semana, propoñemos alternativas. Para as horas nas que o sol apreta, tedes as refrescantes salas dos nosos museos científicos. E tamén animámosvos a explorar a costa galega en busca de praias máis tranquilas. Un pequeno esforzo adoita compensar con grandes descubrimentos…

E de cando en vez os exploradores de praias vense recompensados, ademais, por sorpresas da natureza. Podes atravesar un monte e descubrir estupendas areas como a de Arnela (Sada), podes poñerte a buscar cunchas, ourizos, estrelas de mar, crebas… E de súpeto atopar un porco teixo deambulando polas rochas (!!!???). Os autores deste vídeo tiveron a sensibilidade de axudar ao animal a atopar o camiño de volta cara a súa tobeira.

Moitas grazas aos exploradores da A. C. Irmáns Suárez Picallo por compartiren esta historia domingueira en YouTube.

21
jun

Summertime



Como si fuese británico, el verano se presentó hoy con puntualidad a las 19:16 (17:16 GMT). Unas horas antes, el Sol de mediodía alcanzaba su punto más alto en el cielo del hemisferio norte y proyectaba nuestra sombra más corta posible.

Todo, dentro del día más largo del año, el 21 de junio, que a su vez da paso a la estación más larga desde hace ya algunos siglos, el verano. En esta ocasión durará 93 días y 15 horas.

Busca:
Actualidade científica
© 2017 Museos Científicos Coruñeses (=mc2)   — Wikiteca mc2 é un espazo creado con WordPress + Black Sakura
    Séguenos en:
Concello da Coruña