wordpress visitor

Tag Archives: sarampión

6
jun

A moda que disparou o xarampón



[ver enlace]

Europa retrocedeu unha década na loita contra enfermidades como o xarampón e a rubéola, case erradicadas no cambio de século e que hoxe volven causar grandes brotes comunitarios.

Con este preocupante feito arranca esta reportaxe de El País, completada cunha análise sobre o movimento antivacinas protagonizado en YouTube pola monxa, teologa e médica Teresa Forcades.

10
may

A guerra das vacinas



Avance dun documental de La 2: “La guerra de las vacunas” emitido o pasado 12 de febreiro dentro do programa Documentos TV.

De momento, podes consultar o documental completo en español nestes enlaces: ver | descargar

Ou tamén podes ver (V.O. en inglés) “The Vaccine War”, nunha web da televisión pública estadounidense PBS, con abundante material complementario: entrevistas transcritas, guías para o profesorado, foro de debate…

  • O documental conta como o medo ao xarampón, a poliomielite, as papeiras… deu paso ao medo aos efectos secundarios das vacinas que protexen contra esas enfermidades infeccionas.
  • Tamén separa a cuestión científica (beneficios vs riscos das vacinas) dos debates sociopolíticos (libertade individual para elexir vs saúde pública nacional e global).

MOI RECOMENDABLE para entender por que hai pais que rexeitan vacinar aos fillos; e por que iso ten favorecido sucesos como o actual brote de xarampón en Europa.

En mc2 aproveitamos a ocasión para recoller as vosas inquedanzas e preguntas sobre as vacinas, nos comentarios desta entrada.

Busca:
Actualidade científica
© 2013 Museos Científicos Coruñeses (=mc2)   — Wikiteca mc2 é un espazo creado con WordPress + Black Sakura
    Séguenos en:
Concello da Coruña