Tag Archives: salud
A guerra das vacinas
Avance dun documental de La 2: “La guerra de las vacunas” emitido o pasado 12 de febreiro dentro do programa Documentos TV.
De momento, podes consultar o documental completo en español nestes enlaces: ver | descargar
Ou tamén podes ver (V.O. en inglés) “The Vaccine War”, nunha web da televisión pública estadounidense PBS, con abundante material complementario: entrevistas transcritas, guías para o profesorado, foro de debate…
- O documental conta como o medo ao xarampón, a poliomielite, as papeiras… deu paso ao medo aos efectos secundarios das vacinas que protexen contra esas enfermidades infeccionas.
- Tamén separa a cuestión científica (beneficios vs riscos das vacinas) dos debates sociopolíticos (libertade individual para elexir vs saúde pública nacional e global).
MOI RECOMENDABLE para entender por que hai pais que rexeitan vacinar aos fillos; e por que iso ten favorecido sucesos como o actual brote de xarampón en Europa.
En mc2 aproveitamos a ocasión para recoller as vosas inquedanzas e preguntas sobre as vacinas, nos comentarios desta entrada.
A dieta Dukan, promesas ilegais e sen fundamento científico
[ver enlace]
O método Dukan é a dieta de moda. Os libros que a explican son os máis vendidos na categoría de “non-ficción” e os rumores apuntan a que esta dieta, rica en proteínas, foi seguida pola familia da noiva para preparar a boda do ano.
Ante a súa crecente popularidade, a Asociación Española de Dietistas-Nutricionistas vén de publicar un informe que a desaconsella, advirte dos riscos desta dieta para a saúde e sinala que nos libros de Pierre Dukan fanse promesas ilegais e sen fundamento científico, como: «Poderá manter o seu peso estable durante o resto da súa vida».

