wordpress visitor

Tag Archives: política

9
abr

Ciencia no prime-time: «Os segredos do cerebro»



Fernanda Tabarés, reciente premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión, realizou onte esta extensa entrevista ao investigador Xurxo Mariño, que vén de publicar “Neurociencia para Julia”. Mariño presenta o seu novo libro, dirixido a «toda persoa interesada en saber como funciona esa máquina estupenda que leva dentro do cráneo e que da lugar todas as mañás ao seu eu, á súa mente». Partindo do feito de que a mente reside nun entramado de neuronas e células gliais, o autor trata de expoñer «as poucas cousas que sabemos con solidez sobre o funcionamiento do cerebro».

No libro e na entrevista, emitida no programa Vía V de V Televisión, Xurxo Mariño separa coñecementos asentados de indicios sen suficiente base (como que a capacidade de amar reside nunha zona do cerebro) de puros mitos (como que só usamos unha pequena parte do cerebro) ou pseudociencia (os xogos de marcianiños exercitan máis o cerebro que os de presunto brain training).

Mesturando ciencia e filosofía, e separando coñecemento de ideas místicas, a conversa presenta tamén curiosos efectos visuais que nos introducen nos segredos do cerebro. Como un clásico exemplo nos tratados de neurociencia, que usa como base un retrato de Margaret Thatcher. Onte, día no que morreu a ex-dirixente británica, a ciencia desplazou á política no prime-time.

20
jun

Un divulgador científico, novo ministro de Educación en Portugal



>> [ver ENLACE relacionado]

Nuno Crato, novo ministro de Educación de Portugal, é un matemático que combina o perfil académico/investigador cunha sólida carreira como divulgador científico:

  • Desde 1996 ven publicando unha columna no semanario Expresso, adicada á divulgación científica.
  • Ten colaborado con diversos programas de radio e televisión.
  • Autor de libros de divulgación como ”Zodíaco: Constelações e Mitos” (2001),”Passeio Aleatório” (2007) e “Matemática das Coisas” (2008).
  • En 2008 foi premiado como 2º mellor comunicador científico do ano, nos European Science Awards da Comisión Europea.
Busca:
Actualidade científica
© 2017 Museos Científicos Coruñeses (=mc2)   — Wikiteca mc2 é un espazo creado con WordPress + Black Sakura
    Séguenos en:
Concello da Coruña