Tag Archives: fotografía
O ilusionista visual que arrasa en YouTube
Non chega ás cifras do “Gangnam Style”, pero estes días un compositor de ilusións visuais está a acadar un enorme éxito con este vídeo. En só dúas semanas tivo case 18 millóns de visitas.
Brussup é un ilusionista visual moi xeneroso. Aquí podes descargar as tres imaxes anamórficas, para logo imprimilas, recortalas e intentar facer o truco ti mesmo:
>> cubo de Rubik | cinta adhesiva | zapato
(descuberto vía Xacobo de Toro, do blog Formación Tic-Tac)
La mejor astrofoto del año
El premio al Fotógrafo Astronómico del Año 2011 ha sido para Damian Peach, por esta foto tomada hace exactamente un año desde la isla de Barbados, en el Caribe.
La limpia atmósfera de la isla caribeña ayudó a Damian a conseguir esta nítida imagen de Júpiter y de dos de sus lunas, Ío y Ganímedes. El extraodinario nivel de detalle sedujo al jurado del premio, sorprendido de que un atrónomo aficionado pudiese lograr con su propio equipo una «imagen digna del telescopio espacial Hubble».
El Observatorio de Greenwich, que organiza este premio en colaboración con Flickr, homenajeó al ganador con esta entrevista:
Damian nos muestra como su fascinación por la astronomía impregna su vida diaria… Lo que nos recuerda a la gente de la coruñesa Agrupación Astronómica Ío, en la que también hay excelentes fotógrafos.
Este ollo autodestruirase cando madures
Desde mc2 queremos felicitar a Mónica Folgueira por ter feito unha das fotografías gañadoras dos Wellcome Image Awards 2011.
A imaxe “Cavefish embryo” amosa o ollo dun embrión de peixe tetra mexicano, da variedade cega. Os individuos desta variedade nacen con ollos pero os perden, pois atrófianse a medida que crecen. Tampouco é que os necesiten moito, pois viven en covas escuras e profundas.
Esta especie de peixe de río (Astyanax mexicanus) ten outra variadade con ollos que vive na superficie. As dúas formas, con e sen ollos, son a mesma especie. Un fascinante caso de evolución, con moito interés para os científicos que estudian as adaptacións evolutivas.
Mónica Folgueira, neurocientífica, tomou esta imaxe nun laboratorio do University College London (Reino Unido). Agora está de volta na Universidade da Coruña, onde traballa como profesora axudante.
Noraboa, Mónica!
(descuberto en Amazings)
Feliz día, Canica Azul!
Celebramos o Día da Terra coa foto orixinal The Blue Marble. Sen prexuízos, tal e como foi feita, co Polo Sur arriba. Haberá quen pense que está do revés, e de feito a NASA nunca a distribuíu así.
Quen non tiña constancia de estar do revés eran os astronautas do Apolo 17, que tomaron esta imaxe en 1972 de camiño á Lúa, a 45.000 kilómetros do noso planeta.
Un momento irrepetible (ata agora), pois foi a última misión tripulada á Lúa. Ningún humano volveu estar tan lonxe como para ver a Terra como unha canica azul.
A Vía láctea, vista desde o Teide
Un time-lapse filmado por Terje Sorgjerd en abril de 2011 nun observatorio do Teide, a montaña máis alta de España (3718 m).

