wordpress visitor

Tag Archives: embrión

30
may

Este ollo autodestruirase cando madures



Este ollo autodestruirase cando madures

Desde mc2 queremos felicitar a Mónica Folgueira por ter feito unha das fotografías gañadoras dos Wellcome Image Awards 2011.

A imaxe “Cavefish embryo” amosa o ollo dun embrión de peixe tetra mexicano, da variedade cega. Os individuos desta variedade nacen con ollos pero os perden, pois atrófianse a medida que crecen. Tampouco é que os necesiten moito, pois viven en covas escuras e profundas.

Esta especie de peixe de río (Astyanax mexicanus) ten outra variadade con ollos que vive na superficie. As dúas formas, con e sen ollos, son a mesma especie. Un fascinante caso de evolución, con moito interés para os científicos que estudian as adaptacións evolutivas.

Mónica Folgueira, neurocientífica, tomou esta imaxe nun laboratorio do University College London (Reino Unido). Agora está de volta na Universidade da Coruña, onde traballa como profesora axudante.

Noraboa, Mónica!

(descuberto en Amazings)

5
may

Un peixe con dúas cabezas nace no Aquarium Finisterrae



Un peixe con dúas cabezas nace no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae ten un novo inquilino moi peculiar: un peixe agulla de dúas cabezas. A separación de ambas as dúas cabezas prodúcese tras as aletas pectorais, formando unha chamativa forcada. Este espectacular exemplar, que pertence á especie Syngnathus typhle, naceu nun dos tanques da sala Maremagnum.

O peixe está vivo e, aparentemente, goza de boa saúde, aínda que este tipo de exemplares non adoita chegar á idade adulta.

Busca:
Actualidade científica
© 2013 Museos Científicos Coruñeses (=mc2)   — Wikiteca mc2 é un espazo creado con WordPress + Black Sakura
    Séguenos en:
Concello da Coruña