wordpress visitor

Tag Archives: año internacional

26
abr

Concurso ‘Enigmas moleculares’, nº3



>> [ver ENLACE relacionado]

0 28 de abril remata o prazo para respostar ao terceiro enigma molecular que plantexa Tercer Milenio. O suplemento científico do Heraldo de Aragón únese así ás celebracións do Ano Internacional da Química (IYC2011). Este mes, o concurso arrecende:

O terceiro enigma molecular inspírase nas harmonías químicas das fragrancias dos perfumes. Un compositor de perfumes, tamén chamado grand nez (gran nariz, en francés), expón as súas creacións como unha sinfonía de cheiros, e no medio dela introduce unhas notas discordantes, que dan personalidade ao perfume.
Érase unha vez un gran nariz que compuña un novo perfume. Buscaba unha fragrancia moi especial para a nota de saída, que é a primeira impresión olfativa dun perfume. E vaia se a atopou: a súa elección cambiou a industria da fragrancia. Cal era ese composto químico e cal era o perfume? Unha pista sobre a familia de compostos orgánicos á que pertence: Es algo bastante normal, pensó el chaval mirando por el ventanal. Veía el naranjal, agitado por un fuerte vendaval

Para participar no concurso envía a túa resposta ao suplemento Tercer Milenio (milenio@heraldo.es), indicando a talla da camisola que queres como premio.
Consulta as bases do concurso

21
abr

Why Chemistry Matters to Everyone



>> [ver ENLACE relacionado]

En PhysOrg.com cóntannos por que a sociedade sairía gañando se a xente estivese máis familiarizada cos principios básicos desta ciencia.

Busca:
Actualidade científica
© 2014 Museos Científicos Coruñeses (=mc2)   — Wikiteca mc2 é un espazo creado con WordPress + Black Sakura
    Séguenos en:
Concello da Coruña